Falece de forma repentína o ex-alcalde de Cenlle José Manuel Rodríguez Lamas, que na actualidade formaba parte da corporación municipal como concelleiro de Compromiso por Galicia.
Nun comunicado difundido nesta noite de xoves dia 20 de xullo o "concello de Cenlle amosa o seu pesar polo pasamento, este xoves 20 de xullo, de D. José Manuel Rodríguez Lamas, Alcalde de Cenlle entre os anos 2020 e 2022. Nestes momentos tan difíciles, a Corporación Municipal quere transmitirlle o pésame a familiares, achegados, compañeiros e amigos. Tanto o persoal como tódolos membros da corporación queremos expresar o noso cariño e apoio emocional ante esta inesperada e repentina noticia. Descanse en Paz".
José Manuel Rodríguez Lamas contaba con 63 anos de idade, veciño da parroquia de Vilar de Rei, foira elixido alcalde do concello de Cenlle en 2020, formando parte do grupo municipal do Partido Popular, unha vez que Gabriel Alén foi nomeado delegado territorial da Xunta. Mantívose no cargo ata finais de 2022, cando presentou a súa demisión aínda que continuou formando parte da corporación, sendo relevado na alcaldía por Rebeca Sotelo, tamén do Partido Popular.
Nestas pasadas eleccións municipais do mes de maio José Manuel Rodríguez Lamas presentouse como cabeza de lista de Compromiso por Galicia no concello de Cenlle, obtendo a acta de concelleiro, cargo que exercía na actualidade.