Falece Gumersinda García aos 107 anos, veciña de Bustelo-Cea, a muller máis lonxeva na historia da comarca
A que era avoa da comarca do Carballiño e a muller máis lonxeva que recordamos por estas terras, como no resto da provincia e Galicia, Gumersinda García Fernández, faleceu ao 107 anos de idade no pobo de Bustelo, na parrroquia de Santa María de Covas, concello de San Cristovo de Cea.
A señora Gumersinda gozou dunha vida na que ata os seus últimos dias conservou en bo estado a súa mobilidade e facultades mentais, algo absolutamente extraordinario para a súa avanzada idade.
Este venres dia 1 de abril, familiares, veciños e amigos, despedirána na igrexa parroquial de Santa María de Covas.