Falece Manuel Penedo, alcalde do Irixo nos últimos 32 anos. O velorio instalaráse na casa do concello e o funeral será o domingo ás 11: 30 da mañá
O Irixo está de loito, o seu alcalde falecía na mañá deste venres dia 2 de Agosto no Complexo Hospitalario de Ourense, onde levaba varios dias ingresado tras experimentar un empeoramento no seu estado de saúde.
Manuel Penedo Paradela, alcalde do Irixo nos últimos 32 anos, contaba con 60 anos de idade.
Fora elexido por vez primeira alcalde do Irixo en 1987, tras unhas eleccións nas que encabezara a candidatura de Centristas de Galicia. Nas seguintes de 1991, obtivera a súa primeira maioría absoluta, e nese mesmo mandato integrouse no Partido Popular, con esta formación política foi revalidando sucesivamente o seu cargo de alcalde, e asi durante seis mandatos máis, sempre con maioría absoluta e desta maneira ata a súa última cita electoral do pasado mes de Maio deste ano, cando volveu obter un respaldo maioritario.
O velorio instalaráse na casa do concello do Irixo e o funeral celebraráse este próximo domingo dia 4 de Agosto ás 11:30 da mañá na igrexa parroquial de San Pedro de Dadín.