Falece o cantautor Alberto Cortez, Fillo Adoptivo do concello de Punxín
O cantautor arxentino -de 79 anos- faleceu en Madrid, onde residía nos últimos anos.
Alberto Cortez fora recoñecido como Fillo Adoptivo do concello de Punxín, a única persoa que conta con esta distinción neste concello, de onde era orixinario o seu abó, emigrante a Buenos Aires a principios do século XX, e a quen dedicou unha das súas grandes cancións "El Abuelo".
En Punxín, aínda residen familiares do que é dos grandes cantautores argentinos de todos os tempos.