Falece o pedagogo, profesor e intelectual Xosé Paz, natural de A Corna-Piñor.
Natural da parroquia de A Corna, no concello de Piñor, Xosé Paz faleceu hoxe aos 76 anos de idade.
Durante a súa traxectoria como profesor e pedagogo, na que estivo vinculado á Asociación Socio-Pedagóxica Galega, estudoso e investigador, desenvolveu unha gran actividade como animador cultural, tamén foi un dos precursores do cineclubismo na provincia.
Non obstante, a súa gran paixón foi a figura do escritor Rabindranath Tagore, que o levou a viaxar de forma frecuente á India, e reunir a biblioteca máis importante que existe en España sobre este escritor, máis de 30.000 volumes. Precisamente, na última aparición pública que tivo fai unhas semanas co presidente da Deputación, Xosé Paz expresáralle a súa vontade de doar á entidade provincial todas as publicacións de Tagore asi como o resto da súa biblioteca persoal e colección cinematrográfica, manifestando o seu desexo de que unha parte do material cedido vaia parar á súa localidade natal, en A Corna.