Falece un traballador en accidente laboral na planta de compostaxe de Leiro
O home, de 52 anos de idade, caeu dende unha altura de oito metros cando realizaba traballos de mantemento na planta de compostaxe de Lamas, no concello de Leiro.
O accidente rexistrouse pasadas as sete da tarde, e ata o lugar desplazouse un equipo de Urxencias Médicas, que de inmediato solicitou a asistencia do helicóptero do 112, ainda que finalmente os sanitarios non poideron salvarlle a vida a Manuel Simón, que faleceu no lugar do sinistro. A victima era natural da parroquia de Orega e traballaba para unha empresa de construcción de Leiro.