Falecen dúas persoas con coronavirus en Beariz, son xa 3 as vítimas do brote da Residencia de Maiores
Un muller de 100 anos de idade e un home de 86 anos faleceron cun intervalo de poucas horas no Complexo Hospitalario de Ourense, ambas foran diagnosticadas co Covid-19, eran residentes do xeriátrico de Beariz, afectado por un brote de coronavirus, que xa provocara a morte doutra residente na pasada semana, unha muller de 95 anos.
No informe de contaxios diarios, o concello de Beariz rexistra hoxe 18 casos, seguido do Carballiño con 6 contaxios activos, e Maside 3. Están libres de virus, sen casos activos, os concellos do Irixo, San Amaro, Piñor, Punxín, Boborás e San Cristovo de Cea.