A falla de puntería priva ao Arenteiro dun triunfo ante o Guadalajara

O primeiro partido da historia entre Arenteiro e Guadalajara saldouse cun empate sen goles en Espiñedo, nunha tarde de outubro con tempo de verán, mesmo calurosa para a práctica do fútbol.
O Arenteiro, que pronto perdía a Ferreiro por lesión, foi de máis a menos no transcurso do partido, mellor na primeira parte que na segunda, aínda asi por dúas veces estivo preto do gol por medio de Richarte e Mingo, o testarazo deste último foi ao longueiro e botou sobre a raia de gol, que non concedeu o árbitro tras revisión. Non foi a única xogada polémica do encontro, na primeira parte tampouco considerou como penalti unha man dun defensor visitante dentro da súa área, e tamén tras revisión no FVS.
ViedoResumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=d6WFUUhPGOQ
Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/10/13/arenteiro-pegad...