Fantasía e orixinalidade compiten no desfile do carnaval carballiñés
Dúas comparsas procedentes do municipio de Maside levaronse os dous primeiros premios do concurso do carnaval carballiñés.
A gañadora, premiada con 1.300 euros foi "As Bonecas dos Arrieiriños de Dacón" e "Os Pavos Reais dos Azucarados de Maside" conseguiron o segundo premio, dotado de 1.000 euros. Ambas agrupacións distinguironse pola vistosidade da súa vestimenta.
O Xurado outorgou o terceiro premio -800 euros- á comparsa "Catro Follas de Crecente", que destacou pola orixinalidade e laboriosidade dos seus traxes, feitos utilizando follas de árbores e outros elementos naturais. O público premiounos con aplausos en varios tramos do percorrido.
A AMPA do Colexio Vila do Arenteiro quedouse co cuarto premio, 400 euros, mentres que "Os trangallás do Irixo" e "A Caixa de Fantasía" de San Amaro, adxudicaronse o quinto e sexto premios, de 350 e 300 euros respectivamente.
O Premio especial de 300 euros á mellor animación foi para a comparsa da AMPA do Colexio Vila do Arenteiro.
Reciben accesits de 60 euros pola súa participación as comparsas "San Amaro baixo o mar", "Sairémos como galegos", "A Matanza do porco", "Letanía de Sangue" e "Pink Pon Pon Blue" da Asociación Lumarada.
Ainda que o tempo non acompañou, nunha tarde de chuvia e orballo, o público que presenciou o desfile volveu ser moi numeroso, sobre todo nas rúas Conde Vallellano, Rotonda da Alameda e primeiro tramo de Julio Rodríguez Soto, asi como ao seu paso pola rúa do Paseo.