Febre de Copa: esgotadas en poucas horas as entradas dispoñibles para o Arenteiro-Valencia do xoves
As taquillas de Espñedo abrían ás 10 da mañá para poñer á venda as entradas para o público en xeral, dende antes das oito da mañá xa había persoas agardando na cola para asegurarse unha entrada para o histórico encontro da segunda ronda da Copa do Rei que xogarán este xoves ás 19:00 horas CD Arenteiro e Valencia C.F.
As entradas quedaron esgotadas a última hora da mañá, e eso que so se despachaban 3 entradas por persoa. Ninguén quedará sen poder ver este partido, o máis importante e tamén o máis mediático nos 63 anos de historia do Arenteiro, xa que será televisado en aberto por Mediasset, a través de Cuatro Tv.