Feijóo reunese cos populares da comarca
O Presidente do Partido Popular de Galicia reuniuse este sábado cos responsables locais do seu partido na Comarca do Carballiño.
Alberto Núñez Feijóo tivo ocasión de ver o ambiente de feira que na mañá deste sábado dia 31 se vivía no Carballiño, coa celebración da feira do derradeiro de mes. Tras ser recibido polo Alcalde do Carballiño e Presidente Local do PP, Argimiro Marnotes, o máximo dirixente dos populares galegos compartíu o aperitivo cos membros da xunta local na terraza da cerveixería Don Paco, na rúa Rosalía de Castro, no centro do Carballiño.
Posteriormente, Feijóo trasladouse atá o Restaurante Fuchela, onde asistíu a un xantar cos Alcaldes e responsables locais do Partido Popular na Comarca do Carballiño, xunto ao Presidente Provincial Manuel Baltar e outros dirixentes do Partido Popular. A visita de Feijóo ao Carballiño enmarcase dentro dos contactos que está realizando cos responsables do seu partido nas comarcas.