A Feira da Pepa Loba en Flores serve de prólogo ás festas do Setembro

10, Setembro 2015

A Feira Festa da Pepa Loba convértese outro ano máis no preludio das festas patronais do Carballiño. A deste ano, que se corresponde coa XX edición, está dedicada aos ferreiros e ferradores.

VENRES 11:

– Xuntanza dende a mañá cos artesáns/artesanás.

– 18h. Apertura da Feira-Festa da Pepa Loba: Recepción das autoridades- Xogos tradicionais- Foguetes- Sorpresas.

– 20h. Presentación da Feira-Festa, adicada aos ferreiros e ferradores, a cargo do historiador Xosé Lois Sobrado.

– Exposicións de traballos en vivo dos ferreiros e ferradores nos sucalcos da Eira de Flores e no Cruceiro.

– Proxección: Percorrido polas Feiras-Festas de artesanía da Pepa Loba 1995/2014

– Música en vivo

– 00h. Queimada con conxuro e ofrecemento da Auga Máxica de Flores.

 SÁBADO 12:

– Traballos en vivo a partir da mañá.

– Sesión vermut e música tradicional.

– 17h. Campionato de BRISCA polas mulleres do Barrio de Flores. – Sorpresa.

– 18h. Baixada da Pepa Loba ca súa gavilla a cargo de TIRULEQUE Grupo de Teatro, saíndo da Praza Maior e recreando os persoaxes da obra de Emilia Pardo Bazán “ VILAMORTA”.

– Cantares de cego.

– 23h. en adiante, diversos grupos de música tradicional polas rúas do Barrio e na Fonte de Flores.

 DOMINGO 13:

– Pasarúas infantil.

– A partir das 12h. Demostración en vivo a cargo do ferreiro, ferradores e alfareiro BUÑO na Eira de Flores con obradoiros variados para todos e todas as que queiran participar (Especialmente nenos e nenas).

– Campionato de CHAVE e xogos populares: homes, mulleres e nenos/as.

– 14h. Xantar popular da Feira-Festa da Pepa Loba.

– Troula e sorteo da rifa, no tempo da sobremesa do xantar, de obras de artesanía.

– Música en vivo: cantigas e tunos.

– Clausura da Feira-Festa de Artesanía da Pepa Loba con animación polas rúas do barrio.

– Durante a feira engalanárase o Barrio e poránse paneis artísticos referidos a Pepa Loba e a súa gavilla a cargo de Xurxo Pérez Silvares.

– Ao longo de toda a Feira-Festa de artesanía levaráse a cabo o lavado e a pintado dalgunha das paredes e fachadas do Barrio para sanealas e adecentalas.

Organiza: Amigos e Veciños de Flores. Tradicións e Buscas. Feira da Pepa Loba