Feira de STOCK de inverno e Feira de Artesanía para animar O Carballiño durante a fin de semana
O Centro Comercial Aberto do Carballiño celebra a Feira do STOCK de inverno os dias 10,11 e 12 de marzo na Praza Maior do Carballiño.
A iniciativa do comercio local, que chega a súa 10ª edición, foi presentada polos responsables desta asociación carballiñesa de comerciantes e o concelleiro de promoción económica e comercio, Adolfo Nogueira. O Concello carballiñés colabora coa asociación coa instalación dos stands onde os comerciantes ofrecerán a súa oferta, con descontos nalgunhos casos de ata o 80%.
Unhos 20 establecementos participan nesta actividade, destacando o sector da moda, tanto infantil como xuvenil e de adultos, e tamén cunha representación doutros sectores, o fogar e decoración, complementos, libraría ou florería, entre outros.
O horario de apertura será de 17 a 21 horas na xornada inaugural do venres, logo tanto o sábado como o domingo, o horario irá de 11 a 14 horas, e de 16 a 21 horas.
A esta Feira do STOCK, únese desta vez a Feira da Artesanía que organiza os segundos domingos de mes a asociación Agarimos do Arenteiro, cunha edición extraordinaria de tres días de duración para facéla coincidir coa dos comerciantes locais.
Ademáis dos postos habituais, haberá algunhos novos, como un artesán que fabrica xoguetes feitos con madeira. Neste caso, ubiraránse, como sempre, na rúa Tomás María Mosquera, na zona máis próxima á Praza dos Liborianos.