Feirón no Carballiño, Festa de Noitevella en Cea e Cine en Leiro, para despedir o ano.
O Carballiño celebra este 31 de decembro unha das feiras maís animadas de todo o ano, a "apodada" tradicionalmente como "o feiron", polo gran ambiente que presenta esta derradeira feira do ano, tanto no seu aspécto comercial como tamén no lúdico e gastronómico, nunha previa "á carballiñesa" da noitevella. A xornada estará amenizada por música tradicional polas rúas do Carballiño.
O Centro Mufltiusos de Cea acolle dende as 1:00 horas deste dia 1 de xaneiro a festa de noitevella organizada polo concello de San Cristovo de Cea, por 20 euros, nunha festa veciñal na que haberá animación musical, cotillón e non faltarán o tradicional chocolate con churros.
E na pantalla grande do Novocine de Leiro temos para estes dias cine de estrea coa película de animación "El Gato con Botas" en pases ás 4 e 6 da tarde, e continúa proxectando "AVATAR" en sesión ás 8 da tarde.