Feirón, noitevella e ano novo "exemplares" no Carballiño, sen altercados nin incidencias relevantes por vez primeira en varios anos
Sen ningún tipo de altercados de órden público, liortas ou incidencias de especial relevancia, asi deu o salto a 2020 O Carballiño, e así o confirman dende a Xefatura da Policia Local do Carballiño. Tan so un par de pequenos percances automobilísticos, dous accidentes de tráfico leves nas primeiras horas da tarde do dia de feira.
Por primeira vez en bastantes anos a Policia Local carballiñesa non tivo que atender ningún suceso relevante, en contraste co que viña acontecendo nos últimos anos, cando se multiplicaran as incidencias, sobre todo as pelexas, nas primeiras horas do ano novo "desta vez non rexistramos ningunha intervención reseñable, unha noitevella e un ano novo moi tranquilos, podemos decir que tivemos unha celebracións nas que O Carballiño foi exemplar", destaca o oficial xefe da Policia Local, Francisco Valeiras.
Tendo en conta os antecedentes dos últimos anos, sobre todo entre as 7 e as 10 da mañá do dia de ano novo, con numerosas liortas con feridos, a policia carballiñesa redoblou a partir das catro da madrugada os seus efectivos para atender posibles incidentes, con tres patrullas que non foron requeridas en ningún momento.
Feirón e noitevella con moito frio no Carballiño
As temperaturas, moi frias e con moita néboa tanto nas horas do feirón do 31 como no dia de ano novo, seguramente que influiron negativamente na animanción e afluencia de público nestas celebracións.
Non obstante, a feira de fin de ano volveu mostrar o seu tirón popular no Carballiño, sobre todo nas horas do mediodia e o xantar, os restaurantes e mesóns do Carballiño estiveron abarrotados, e algúns mesmo instalaron mesas supletorias.
Pola noite, tamén rexistraron unha boa afuencia aqueles que organizan as tradcionais ceas-cotillón de noitevella, aínda que son algúns menos dos que eran fai unhos anos atrás.
Tampouco a noitevella é xa aquela multitudinaria de tempos atrás no Carballiño, aínda asi a entrada no ano novo foi moi celebrada polos carballiñeses, e o que tamén é de destacar, con bo e san ambiente festivo, sen ningún tipo de incidentes.