A Festa do Pulpo consigue a declaración de "Festa de Interese Turístico Internacional", que repercutirá en máis subvencións e maior promoción.
A Secretaría de Turismo do goberno de España ven de comunicarlle oficialmente ao alcalde do Carballiño que a Festa do Pulpo xa foi declarada como "Festa de Interese Turístico Internacional".
"Un verdadeiro orgullo para O Carballiño", proclamou o rexedor municipal nunha interveción en COPE O Carballiño, na que tivo un recoñecemento "para todos os alcaldes que durante estes 60 anos contribuiron a que cheguemos a este dia, para toda a xente do Carballiño e tamén moi especialmente para os pulpeiros e pulpeiras de Arcos-O Carballiño", como grandes artífices da tradición do pulpo á feira.
Fumega destacou o gran paso que con esta declaración da a Festa do Pulpo, que a partir de agora contará con maior promoción e maiores subvencións, e avanzou que coincidindo coa estrea da internacionalidade para o próximo dia 14 de agosto agarda poder inaugurar o gran monumento ás pulpeiras que se ubicará na rotonda do cruce da N-541 coa avenida do Balneario e a rúa Martínez Avellanosa.