A Festa do pulpo dos paraugas triunfa sobre a chuvia no parque municipal do Carballiño
No peor día do ano e nas peores horas posibles, comezou a chover ás 10 hora da mañá e foi indo a máis no transcurso da xornada, ata facélo con máis intensidade á hora da comida.
O mal tempo non impedíu que a festa volvese a rexistrar un éxito de convocatoria, seguramente con menos xente no parque, aínda que os grandes favorecidos foron os restaurantes do Carballiño que, na súa maioria, rexistraron cheos nos seus comedores.
No recinto do concello 1.200 persoas, baixo paraugas en man, cubriron a totalidade das mesas dispoñibles. Á primeira hora da mañá os responsables municipais barallaron a opción de trasladar o xantar a un recinto cuberto, finalmente optaron por mantelo na súa ubicación tradicional ao aire libre, aínda que as prediccións meteorolóxicas non eran tan desfavorables como despois resultaron.
Antes do xantar, na explanada do parque municipal, levouse a cabo a recepción oficial aos representantes das Federacións de Asociacións de galegos en Cataluña, a quen de dedicou este ano a festa. Neste acto tamén participou o conselleira do medio rural e mar, Rosa Quintana, e outras autoridades autonómicas e provinciais.
No transcurso da comida no recinto do concello, e tal como ven sendo costume nos últimos anos, deu a coñecerse a dedicatoria da festa para a vindeira edición, a do ano 2015, será ao concello de A Coruña.