Festa en Espiñedo para celebrar que o Arenteiro e O Carballiño seguirán a próxima tempada gozando da Segunda RFEF
Espiñedo volveu rexistrar un entradón para presenciar o partido que baixaba o telón a esta tempada ante o Navalcarnero, na matinal deste domingo máis de 1.600 afeccionados festexaron o empate ante os madrileños(0-0) como se fose unha gran vitoria, en realidade foino, porque con este punto o Arenteiro certifica a continuidade na categoria da Segunda RFEF para a próxima tempada.
O desprazamento a Avilés da derradeira xornada tan so pode valer para escalar algún posto na clasificación, que sempre quedará ben para as estatísticas, aínda que o obxetivo da permanencia xa está cumprido sexan cales sexan os resultados nesta competitiva e igualadísima categoria, o Arenteiro está a salvo de poder ser alcanzado polos seis equipos que descenderán á terceira división.
Ante o Navalcarnero, un dos mellores equipos que pasou este ano por Espiñedo, o Arenteiro volveu ser o equipo solvente dos útlimos meses, nun partido no que houbo ocasións ante ambas as dúas porterías, moi igualado, na que os madrileños foron mellores na primeira parte e os carballiñeses na segunda, na que mesmo viron como o árbitro lles anunaba un gol, con polémica incluida, ao entender o auxiliar de liña que o gol saira do terreo de xogo na xogada previa ao gol.
Ficha do partido: https://www.rfef.es/actas?pid=3499199