As Festas da Saleta de Cea despiden o carrusel festivo de verán na nosa Comarca

20, Setembro 2009

A Praza Maior de Cea na Saleta 2008 (foto concellodecea.com)

Unha vez despedidas as Festas Carballiñesas de San cibrán, a vila de Cea toma a alternativa festiva na nosa Comarca, coa celebración das Festas da saleta, que comezaban o pasado xoves coa noite da Xuventude e que viven, tanto hoxe domingo como mañá luns os seus dias grandes. Para a xornada dominical destas festas da Saleta 2009, as actividades inicianse cos pasarrúas da extraordinaria Banda de Música de Muimenta, que acompañará a misa solemne e procesión ó mediodia, e ofrecerá despois concertos ás duas e as sete da tarde. As cinco, xógase no Lodairo o partido de fútbol da primeira categoria autonómica que enfronta o C.D.Cea e o Ponte-Ourense. Tamén pola tarde actuarán as pandereiteiras de Cea, que xunto a Banda de Gaitas do Concello de Cea, son a aportación musical local a estas festas, que terán xa pola noite o seu punto máis álxido coa verbena que amenizarán o grupo América e a orquestra Tango. Xa para a xornada do lúns 21, festivo de carácter local no Concello de San Cristobo de Cea, haberá misas pola mañá na Capela da Saleta, con acompañamento da Bana de música de Celanova, que ademáis ofrecerá pasarrúas e concertos, ás dúas e as oito da tarde na Praza Maior de Cea. E xa na verbena que despedírá a Saleta 2009, xa na madrugada do martes, actuarán as orquestras Ledicia Espectáculo e Poceiro, ésta última considerada como a orquestra revelación deste verán en Galicia, con 16 músicos sobre o escenario e a voz de Miguel Torres.  Coa celebración destas Festas da Saleta na vila de Cea, despídese o carrusel festivo de verán na Comarca do Carballiño.