As festas do Setembro adiantanse ao dia 13 e rematan o martes 17
Os dias 18 e 19 de Setembro quedanse este ano baixo mínimos en canto á programación festiva, que se inicia un dia antes do que ven sendo tradicional, farao o venres dia 13.
A comisión de festas, este ano a cargo da Asociación de Hostelería do Carballiño, manexa un orzamento que ronda os 90.000 euros "a mesma cantidade do ano pasado", subliñou o responsable do colectivo, César Nóvoa. O concello reduce a súa aportación económica, que pasa dos 33.000 euros do ano 2012 aos 26.000 euros deste ano.
Animarán as verbenas do San Cibrao carballiñés as orquestras Metrópolis, Madeira, La Oca, Sintonía de Vigo e Panorama. Polo dia, actuarán as bandas de música do Carballiño e A Lira de Ribadavia, e a charanga Castro Bello. O domingo 15 actuará o músico dominicano Henry Méndez. Os gaiteros Orcellón acompañará diariamente á comparsa de Xigantes e Cabezóns.
A comisión de festas non se esquece dos nenos, que terán actividades diarias nestas festas ás catro e media da tarde na pista roxa e unha "Olimpiada infantil" o dia 16 no parque dos Catro Camiños.
A nova praza da Veracruz será o escenario das tradicionais sesións de fogo artístico, o dia 16 coa Pirotecnia Abad e o martes 17, festivo local, a cargo da Pirotecnia Penide.
Para o dia 18 tan so está programada a actuación dun DJ que amenizará unha festa infantil na Praza Maior, e para o dia 19 a comisión, se o permite o orzamento, contrataría a unha orquestra para despedir as festas do setembro.