Fin de semana con cine e banda deseñada nas Xociviga Animación
Este venres 21 de outubro comenzan as Xociviga Animación, centradas no cine de animación e na banda deseñada, co debuxante galego David Rubín como un dos protagonistas destacados. As proxeccións comenzarán ás 18:00 horas, tanto na Casa da Cultura, cunha escolma de traballos do Festival de cine de animación de Barcelona, Xinacittà, como no Auditorio Municipal, coa proxección de Corto Maltés, a película, un clásico da animación baseado nunha historia do famoso persoaxe creado polo debuxante Hugo Pratt. As 20:00 horas presentaranse no auditorio os traballos premiados no Anirmau, festival internacional de cine de animación do IES Manuel Aller, que se está a convertir nun referente no panorama estatal de cine de animación. Pola noite, ás 23:00 horas, proxectarase Vals con Bashir, considerada por moitos críticos como unha obra maestra.
O sábado será un día cheo de cine e actividades, que comenzarán ás 12:00 da mañá coa firma de libros por parte de David Rubín na libraría Escolma. Pola tarde, ás 18:00 horas, presentará no Auditorio co director Marcos Nine o documental Radiografía de un escritor de tebeos, que trata de analizar e profundizar nas claves da súa obra, de recoñecido prestixio tanto dentro como fora das nosas fronteiras. Tamén se fará a inauguración dunha exposción da súa obra máis recente que se poderá ver na sala de exposicións do auditorio, onde se proxectará ás 23:00 horas a película franco-iraní Persépolis, baseada no coñecido cómic de Marjane Satrapi. As 16:00 horas haberá unha sesión de curtas de animación adicada ao público infantil, a cargo de Cinemas dixitais, que se repetirá o domingo co mesmo horario. Ás 20:00 horas repetirase Vals con Bashir.
Na casa da Cultura terá lugar ás 18:00 horas a presentación do curso de banda deseñada e outro de cine de animación, coa exhibición de traballos realizados por escolares de diferentes centros educativos de Galicia.
O domingo a actividade estrela será a película Arrugas. A cinta foi presentada no pasado festival de cine de San Sebastián, onde obtivo unha moi boa acollida entre o público e a crítica especializada. O seu estreo comercial será no 2012, e no Carballiño poderase ver unha parte da película, que será comentada polo seu equipo técnico, que explicará os pormenores da súa realización. Será ás 18:00 horas na Casa da Cultura. As proxeccións continuaran este día tanto na Casa da Cultura como no Auditorio Municipal.
Aparte da expoción de David Rubín, no auditorio poderase ver outra exposición de banda deseñada do colectivo Polaquia e unha exposicion de cómics e novela gráfica.