A Fiscalía reitera argumentación e pide o procesamento do exalcalde Pachi Vázquez
A Fiscalía da Comunidade Autónoma de Galicia pide que "se interese o procesamento de Manuel Vázquez Fernández como autor (artículo 28 párrafo primeiro do Código Penal) dun delito de prevaricación continuada (artículos 404 e 74 do Cödigo Penal)".
Desta maneira, o fiscal contesta á petición do maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que semanas atrás instaba ás partes implicadas a presentar as súas alegacións, ao mesmo tempo que solicitaba o posicionamento sobre o procesamento do exalcalde carballiñés.
No escrito no que pide o procesamento, a fiscalía reitera a súa argumentación, incidindo nas irregularidades cometidas nas contratacións de traballadores municipais no concello do Carballiño durante os anos nos que Pachi Vázquez exerceu como alcalde do Carballiño.
Comunicado de prensa de Pachi Vázquez
En relación coa causa que se instrue no TSXG por prevaricación administrativa en razón dunha querella interpostapola Fiscalía, así como das propias alegacións efectuadas por esta Fiscalía, quero precisar o seguinte:
A contratación de persoal no concello do Carballiño durante a miña etapa como alcalde realizousesempre no marco da legalidade, e así se demostracunha serie de documentos que se adxuntane polasdeclaracións efectuadas polos técnicos municipaisno TSXG
Das declaracións realizadas por estestécnicos do concello do Carballiño ante o TSXG infírese que en absoluto se produciu ninguna ilegalidade na contratación de persoal do concello durante o meumandato como alcalde.
Todas as testemuñas realizadas corrobororaron que en ningún caso propuxen directa ou indirectamente a contratación de ningunha das persoas relacionadas na querella.
As demáistestificais practicadas taméncorroboraron a existencia de expedientes de contratación, incluso as que nalgún momento sembraron algunhadúbida, pero que finalmente admiten a súa existencia.
Para corroborar o procedemento administrativo seguido na contratación de persoal, se remite ao TSXG unha serie de documentos que demostran as convocatorias públicas de empregolevadas a cabo entre os anos 2001 e 2005, así como os informes de que non consta reparo de legalidade algún,correspondentesaos anos 2003, 2004 e 2005.
Por todo isto, se solicita o archivo do procedemento, en base a que non hai indicios de ciminalidade e non cabe abrir un proceso.
Asemade, con respecto ás alegacións presentadas pola Fiscalía, resalta que, no seu informe, se especifique que “no caso de que se chegue á fase procesal ad hoc, non formulará petición de responsabilidade civil e sópodería interesar a nulidade das resolución e decretos asinados polo Sr. Vázquez, senmáis consecuencias ulteriores”.
De todos modos, quero reiterar a miña confianza na xustiza, que estou seguro tomará en consideración a miña petición de archivar a causa, sobre todo, a raíz das declaraciónstotalmente aclaratorias efectuadas polas personas que tiveron a responsabilidade da Secretaría e Intervención do concello do Carballiño durante o meu mandato como alcalde.