A Fiscalía decreta o arquivo da denuncia presentada polo portavoz do Psoe en Leiro contra o Goberno Municipal por negación de información e documentación
A denuncia fora presentada polo Concelleiro do Grupo Municipal Socialista no Concello de Leiro, Manuel Rodríguez, e na mesma facíase constar que o Goberno deste Concello non lle facilitaba a información e documentación que lle solicitaba para exercer as súas funcións coma membro da Corporación Municipal. Concretamente, o Concelleiro Socialista requirira a relación de licencias de todos os negocios de calquera tipo no Concello de Leiro, o que en consideración do Fiscal estas peticións indiscriminadas e genéricas supoñen unha dubidosa obrigación por parte do Concello para ser satisfeitas. En canto a documentación relativa a licencias de apertura de clínicas, o Concello constestou en oficio remitido ó Concelleiro Socialista. Non existe polo tanto negación de documentación, e da mesma maneira entedese que tendo en conta "criterios de prudencia e ponderación" non se xustifica que haca negación de información pola non obtención das fotocopias da documentación solicitada polo portavoz socialista, polo que "non se observa una voluntad de ocultación de datos sino un criterio de obteción de fotocopias que, aparentemente, en el presente caso puede parecer razonable, pero en culaquier caso no constituye la presunta comisión de un hecho delitivo". Con estos razoamentos, a Fiscalia decretou o arquivo das dilixencias de investigación que foran abertas.