A Fiscalía investiga posibles irregularidades en 37 contratos de traballo no concello carballiñés durante o mandato socialista
Tratase dun total de 37 contratos de persoal laboral temporal que posteriormente por decreto do excalde Carlos Montes convertiu en indefinidos a 22 deles, a fiscalía advirte indicios de posible responsabiliade penal e abre dilixencias informativas.
Os contratos que motivan esta investigación da Fiscalía remontanse a xaneiro de 2006 e tiñan unha duración de 12 meses, ata o 31 de decembro dese mesmo ano. Non obstante, unhos dias antes de que vencesen os contratos, outro decreto da alcaldía convertíu en indefinidos a 22 traballadores.
Agora, a Fiscalía cuestiona o procedemento e ven de requerir ao concello do Carballiño a documentación relativa a este caso, que xa no seu momento fora cuestionado pola oposición municipal, daquela formada por Partido Popular e BNG.
A Fiscalía de Ourense tivo agora coñecemento destes contratos de forma casual, ao aportarlos como proba no xulgado unha traballadora municipal que recurríu ante a xustiza a rescisión do seu contrato, xa agora durante o actúal mandato do Partido Popular.