Fixado para o 23 de novembro o xuizo oral a Pachi Vázquez por prevaricación, investigado pola contratación de traballadores no concello do Carballiño
O xuizo por un presunto delito de prevaricación a Pachi Vázquez foi fixado no seu inicio no xulgado do penal de Ourense para o próximo dia 23 de novembro, o excalde e actúal concelleiro de Espazo Común no concello do Carballiño deberá responder ante a xustiza da súa actuación na alcaldía entre os anos 1999 e 2005.
En total, son sesenta os contratos de traballo no concello carballiñés que están baixo sospeita, cuestionados pola xustiza nunha causa aberta a raíz dunha denuncia da Fiscalía de Ourense.
Neste mesmo procedemento penal están invstigados o sucesor de Pachi Vázquez na alcaldía, o tamén exalcalde socialista Carlos Montes, asi como outros tres concelleiros con responsabilidades na contratación de traballadores no concello do Carballiño entre os anos 1999 e 2011.