Flor de Lis e Ernesto Patio Bar, primeiros premios dos concursos navideños no comercio e hostalaría do Carballiño

24, Decembro 2021

O Concello do Carballiño deu a coñecer o fallo do xurado dos concursos navideños no comercio e a hostelería locais.

Entre os establecementos comerciais o primeiro premio correspondeu a un clásico neste concurso navideño, Floreria Flor de Lis, da Avenida 25 de Xullo. O segundo premio para o Estanco nº 5, e o terceiro premio para a tenda de roupa Ébano.

Xa no apartado da hostalaría, Ernesto Patio Bar lévase o primeiro premio, Cafetería Roraima o segundo, e Café-Bar Castor de Mesego, o terceiro.