Fomento auncia que nos próximos dias retomaránse as obras na "microautovía" Alto de San Martiño-A Barrela, que rematarán en 2019
Asi o confirmou o secretario de infraestrutcturas ante representantes da Plataforma A-56 no transcurso dunha reunión celebrada na sede de Fomento.
No transcurso dos próximos dias a empresa adxudicataria reanudará as obras, de feito estes días xa se está vendo movemento na zona coa chegada de maquinaria pesada.
O tramo desta "microautovia" entre a localidade da Barrela e o límite cos concello de Cea e Vilamarín, no alto de San Martiño, non ten de momento concretada a continuidade do resto do proxecto, do que é a A-56 Lugo-Ourense.
Según as previsións confirmadas nesta reunión, Fomento fixa o remate das obras a finais de 2019. En todo caso, a apertura desta "microautovia" facilitará a mellora da comunicación por estrada coa provincia de Lugo.