Forcarei protagoniza "A mañá de Cope O Carballiño" con motivo da XXX Festa do Gaiteiro, que se celebra este sábado 22 de agosto
O alcalde de Forcarei, David Raposeiras, nun momento do programa
(Redacción. Belén González) Forcarei é un dos concellos da provincia de Pontevedra que se atopa preto da capital do Arenteiro. Ata alí viaxou a radio de "Cope O Carballiño" con motivo da trixésima edición da Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes. O seu alcalde, David Raposeiras, foi o encargado de ofrecer unha ampla visión sobre a situación na que se atopa este concello. Raposeiras quixo destacar o primeiro Observatorio Astronómico Público de Galicia, un observatorio que foi inaugurado fai pouco e que congrega a centos de aficionados ó mundo das estrelas. Está situado no lugar de As Casetas, en dirección a localidade de A Estrada, a tan só 4 quilómetros e conta cunha superficie de 10.000 metros cadrados; este espazo foi doado gratuitamente para poder construir o observatorio. Conta cun edificio de cinco metros de diámetro. Ademáis, o observatorio posúe un telescopio que ten unha lente de 50 centímetros, polo que é o máis grande de Galicia no que respecta a observatorios públicos. As instalacións están abertas para os que queiran asistir os venres e sábados a partir das 22.00 horas da noite, pero para entrar calquera outro día hai que reservar cita na Casa do Concello ou chamando á organización. O observatorio tamén recibe visitas de grupos, cursos de iniciación á astronomía, excursións... Este proxecto foi feito grazas a fondos europeos como son os fondos Leader, a Deputación de Pontevedra e Caixanova; actualmente atópanse loitando pola consecución dun planetario. O alcalde xustificou que a instalación do observatorio neste lugar non foi algo aleatorio, senón que se debe a pouca contaminación lumínica que hai e tamén a que se ve o horizonte sen problemas.
Outro dos atractivos cos que conta esta localidade é co Circuíto de Karting que está na Magdalena, a escasos quilómetros de Soutelo de Montes. Este proxecto naceu pola demanda de lecer e como elemento dinamizador do pobo e atractivo para os foráneos. O circuíto conta con 1.300 metros de lonxitude, 10 metros de calle e nel realízanse probas de motos, cars e coches de competición.Hoxe por hoxe outro dos fins é rematar co Edificio Multiusos para poder realizar actividades.
Forcarei conta con máis de cen aldeas e ó redor de 4.000 habitantes, polo que, é un núcleo moi despoboado. Dende o concello intenta achar diversas maneiras para atraer ó público e unha delas é o Mosteiro de Aciveiro, as rutas de sendeirismo, casas rurais e paraxes naturais como son as do río Lérez e o Umia.
Noutra orde de cousas, David Raposeiras falou do Polígono Industrial que está aumentando en 110.000 metros cadrados e no que actualmente traballan máis de 200 persoas de forma directa. No primeiro consurso de adquisición, o 70% das parcelas foron adquiridas e no segundo concurso, que vai saír en decembro, esperan que cubran o 30% restante. Ademáis na localidade de Vilapouca vai situarse unha empresa que ofrecerá 72 postos de traballo. O máximo representante de Forcarei manifestou que "hai que correxir a sangría demográfica", porque en tempos de crise, a xente acude ós pobos porque neles sempre hai recursos ben na agricultura ou na gandería.
Francisco Rozados, máis coñecido como Rochi, é o Concelleiro de Cultura e tamén pasou polos micrófonos de "A mañá de Cope O Carballiño" para falar sobre a historia deste extenso concello. Rochi é o que mellor coñece a historia do famoso gaiteiro de Soutelo, Avelino Cachafeiro. Un gaiteiro que máis ca unha persoa foi visto coma unha lenda; Cachafeiro naceu en 1899 e axiña formou un grupo cos seus irmáns Castor e Bautista. O éxito rápido chegou porque Avelino era a alma do grupo, posto que se caracterizaba por contar chistes e polos bailes. Con tan só 25 anos foi denominado o mellor gaiteiro de Galicia, pero ó pouco tempo deixou esta actividade de lado por motivos persoais. O concelleiro contounos que este famoso gaiteiro estaba moi relacionado coas terras da comarca de O Carballiño, xa que o demandaban en moitas festas. Nunha actuación no pobo de Maside regaláronlle un coche que ó pouco tempo sustituiron por outro máis moderno; este feito demostra o caché que daquela xa arrastraban. E falando de música da terra tamén estivo nos micrófonos Rubén Triotiño, integrante da Asociación de Música O Fiadeiro. Este mozo de apenas 21 anos sente unha gran paixón pola música da terra e proba disto foi cando declarou que "esta é a nosa cultura e témola que defender, porque se non a defendemos nós, niguén da fóra vai vir para defendela". Tamén declarou a súa ilusión por acudir este vindeiro sábado á XXX Festa do Gaiteiro, porque según di "aquel que non ven tocar a Soutelo aínda non está formado". Rubén Troitiño falou do novo repertorio e vestiario que ven de estrear o grupo. Ademáis de danza e música tamén ofrecen novos bailes populares de zonas esquecidas. A súa actuación na festa do gaiteiro deste sábado 22 de agosto será ás doce do mediodia en Soutelo de Montes. Antes, ás dez da mañá haberá pasarrúas e inauguraráse a feira de artesania. Completaráse a programación matinal coa música tradicional de "Pai da cana", a banda de gaitas do Concello de Forcarei e o pregón de Avelino Senra. Xa pola tarde, o plato kforte será ó "XI Concruso de Gaiteiros Avelino Cachafeiro", e xa desde as dez e media da noite en adiante a fin de festa cun concerto na praza da Igrexa no que participarán Xarín , Mutenrohi e Os Diplomáticos do Acordeón, que foron precisamente, coa súa música quenes amenizaron estas dúas horas de radio con acente forcaricense.
Outros dous convidados foron o Director da Banda de Música de Forcarei, Daniel Sánchez Barrán e o Director da Escola de Música Flor do Toxo, Javier Álvarez. Daniel Sánchez manifestou a súa satisfacción por estar e pertencer a esta banda, porque esta terra é "unha terra de xente de grande sensibilidade". O seu director dirixe a nenos desde seis anos e conta con dúas seccións. Esta nova banda foi presentada no 2008 nas festas de Forcarei e promete ser unha das grandes do panorama galego. Daniel Sánchez leva a cabo un traballo individual de esmero con cada alumno, porque considera que é mellor traballar con eles deste xeito para non fomentar a competitividade e para que avancen con máis seguridade. Daniel ten un extenso currículum e conta con 35 anos como membro da Banda de Música de Santiago. Javier Álvarez tamén traballa de forma complementaria co director da banda de música. En Flor do Toxo hai 80 nenos. Para Javier é importante que os rapaces estén ben formados e destaca que esta formación non sería posible sen o amplo e bo abanico de profesores que ten a banda de gaitas. Ademáis, esta asociación serve como plataforma de xestión da banda. Javier Álvarez prevé que en apenas un par de anos, a Banda de Música de Forcarei terá un oco no panorama galego.
Un dos concellos máis extensos da provincia de Pontevedra que ofrece infinidade de ofertas para non aburrirse como o fantástico e histórico Mosteiro de Acivieiro, as rutas de sendeirismo do Lérez e do Umia, o circuíto de Karting e un observatorio astronómico privilexiado de recente estrea. Miles de oportunidades que fan de Forcarei un espazo único
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Intervención do alcalde David Raposeiras no programa