As fortes chuvias dos últimos dias poñen de manifesto deficiencias en varias rúas
Na rúa Ourense afundíronse varios metros da beirarrúa, provocando un gran socavón. Na Avenida de Compostela e a rúa Alexandre Bóveda o deficiente funcionamento das canalizacións provocaron inundacións en numerosas vivendas.
Na Avda do Arenteiro acumulouse unha gran cantidade de terra como conscuencia dos arrastres dende a rúa Astureses e a zona do parque municipal. O concelleiro de Obras, Magín Daparte, explicou nesta emisora de radio que esta problemática "e consecuencia de dúas deficiencias gordas que teñen a mariora das rúas do Carballiño, dunha parte carecen de rede separativa de pluviais e ademáis tratase de tuberías que en moitos casos son moi antigas e de fibrocemento que agotaron o seu tempo útil"
En relación ás problemáticas concretas na Avenida de Compostela e a rúa Alexandre Bóveda, Daparte lamentou "que se trata de dúas rúas nas que se acometeron proxectos nos que se fixeron investimentos millonarios pero con notables deficiencias que agora provocan estes problemas, que nós estamos tratando de solucionar".
En canto o derrubamento na beirarrúa da rúa Ourense, o concelleiro de Obras manifestou que "xa contactamos con Aquagest e xa están procedendo a reparar a tuberia, para logo poder acometer a reposición da beirarrúa".
Non obstante, para o grupo municipal socialistas, todas estas anomalías son consecuencia "da ineficiacia e incapacidade do goberno Marnotes, coas rúas cheas de fango, o que provocou que coas primeiras chuvias do outono toda a vila se víu anegada, todos sufrimos as consecuencais dunha inexistente planificación, ante algo tan previsible". Recordan os socialistas que "por varias veces xa advertimos e denunciamos esta situación no pleno da corporación, cos sumidoiros cheos de lixo...unha vila sen goberno".