Fran Justo deixa o Arenteiro para dar o salto á Liga de Fútbol Profesional como novo adestrador do CD Lugo

22, Novembro 2022

O adestrador do Arenteiro da etapa máis exitosa na historia do club, Fran Justo, da o salto á Liga de Fútbol Profesional, adestrará ao Club Deportivo Lugo na Segunda Divsión, tras alcanzarse un acordo na tarde deste pasado martes nas oficinas do estadio de Espiñedo entre ambos clubes., que además acordaron abrir unha etapa de colaboración entre ambas entidades no ámbito deportivo.

Os acontecementos sucederonse na xornada do martes e culmiraron a útlima hora da tarde tras desplazarse ata O Carballiño o presidente do CD Lugo, Tino Saqués. 

Desta maneira, Fran Justo pon fin de forma inesperada a súa etapa no club carballiñés ao que elevou as súas maiores cotas deportivas, tras dous anos e medio de continuos éxitos, proclamando ao Arenteiro por vez primeira na súa historia como campión da terceira división, ascendendo á Segunda Federación, consolidando ao equipo na primeira tempada na nova categoria e deixandoo como lider en solitario na actualidade.

Ademáis, Fran Justo conseguíu para o Arenteiro o primeiro título nacional da súa historia, o da Copa Federación, proclamándose como campión este pasado dia 2 de novembro en Alzira. E ademáis, en apenas un ano conseguíu que 3 equipos da primeira división xogasen en Espiñedo en partido da Copa do Rei, o Valencia o ano pasado, o Almeria este ano ao que ademáis conseguíu eliminar o Arenteiro, o que propicia que veña a Espiñedo en segunda ronda desta competición o Atlético de Madrid, o dia 22 do próximo mes de decembro.

Fran Justo lévase con el a Lugo ao segundo adestrador, Millán Fernández, mentres que o resto do seu corpo técnico van continuar no Arenteiro, que realiza xa xestións para fichar de forma inmediata un novo adestrador coa idea que viaxe xa co equipo a Burgos o próximo sábado.