Fumata branca: a Xunta elixe a estación de autobuses para a ubicación do futuro Centro Integral de Saúde do Carballiño

16, Marzo 2022

Fin ao culebrón dos últimos meses na vida municipal do concello do Carballiño, os técnicos da Xunta consideran que a parcela que ocupa a actúal estación de autobuses na avenida do balneario é opción máis viable entre as propostas remitidas por parte do concello carballiñés.

Desta maneira, ademáis, o concello do Carballiño aforra o gasto que tería que afrontar para comprar caquera das outras parcelas de titularidade privada que foran propostas polos grupos políticos de Espazo Comun, BNG, Podemos ou o propio grupo de goberno socialista. A ubicación agora considerada polos técnicos do Sergas fora proposta dende un principio polo grupo municipal do Partido Popular.

Agora, concello e Xunta deberán levar a cabo os trámites para a cesión da propiedade, e mesmo resolver algunhas cuestións como a concesión da explotación da cafeteria da estación de autobuses que está en vigor, e tamén deberá o concello prever a creación dunha zona de aparcamento para vehículos tanto para os profesionais como para os usuarios do futuro centro sanitario carballiñés. Ademáis, concello, Xunta e Adif, terán que concretar o convenio para a reconversión da actúal estación de ferrocarril en futura estación intermodal do Carballiño.

O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, manifestou en declaracións a COPE O Carballiño que Xunta e Concello están dacordo nesta decisión e que agora toca avanzar na formalización do protocolo para axilizar as xestións e que o proxecto poida executarse dentro da fase 1 do plan de novas infraestructuras sanitarias da Xunta, que fixou unha previsión de 8 millóns de euros para este novo centro no Carballiño.

En canto ao proxecto de futuro Centro Integral de Saúde para O Carballiño, Sanidade propón un edificio de 4.500 metros cadrados de superficie, que estará dividido en 22 consultas de adultos, área bucodental, despacho de traballador social, área de infecciosos, 4 salas polivalentes, toma de mostras, e área pediátrica con 4 consultas, área da muller con 2 consultas, área de fisioterapia, sala de docencia. No PAC: 6 consultas. No COF: 3 consultas. Na área de saúde mental: 3 consultas e despacho de saúde pública. Con respecto ao centro de saúde actual increméntase: en 8 consultas na área de adultos, sala de educación sanitaria, área bucodental con 2 consultas, sala de xuntas No PAC: 2 consultas e sala de críticos e de observación.Un área de saúde mental con 3 consultas.