Fumega calcula que máis de 500 persoas pasaron no Carballiño pola enfermidade tras ser diagnosticas con probas PCR. O alcalde espera que a Xunta relaxe as restriciós ante a melloría da situación epidemiolóxica.
Sabemos que dende que se declararon os primeiros brotes de coronavirus no Carballiño no pasado mes de agosto, e sobre todo a partir de mediados de Setembro, os brotes foron rexistrandose semana a semana, ata que o descontral foi xa total coincidindo coa segunda fin de semana do mes de Outubro. Sabemos tamén que o pico diario de contaxios activos rexistrouse o dia 20 de Outubro, e que dende esa data o descenso foi paulatino pero constante, ata chegar hoxe a cifra máis baixa, con 46 casos. Sabemos que chegamos a ter por unhos dias a incidencia maís alta de toda Galicia, e probablemente de España, pero non hai datos oficiais sobre o número total de veciños e veciñas do Carballiño que pasaron pola enfermidade no transcurso dos últimos meses.
O alcalde Francisco Fumega, cos datos que manexa e referíndose a persoas confirmadas con probas PCR fixo un cálculo en COPE O Carballiño "probablemente sexan máis de 500 as persoas que xa pasaron pola enfermidade no concello do Carballiño", de acertar neste cómputo do rexedor municipal, no entorno do 4% da poboación carballiñesa tería sido diagnosticada de Covid-19, ás que habería que sumar ás que estiveron en contacto co virus sendo asintomáticas e que non chegaron a diagnosticarse. En España, segundo o último informe elaborado pola Rede Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica ( RENAVE), o 47% dos casos de Covid-19 detectados desde o 10 de maio mostrou síntomas, o que supón que un nada desdeñable 53% non mostraron sinal algunha da enfermidade.
En canto a posibles cámbeos en canto as restriciós que continúan en vigor no Carballiño, Fumega agarda que esta semana o Comité Clínico revise as mesmas "non será hoxe pero espero que o venres se seguimos asi e baixamos os 20 casos, entendo que volvamos á fase 2, o que permitiría volver reabrir a hostelería"