Fumega en COPE: "o pacto co PP vaise cumprir porque teño palabra". O alcalde valora un acordo "que vai sentar as bases do Carballiño do futuro". Escóitao aquí.

12, Setembro 2024

O alcalde Francisco Fumega pasou polos estudos de COPE O Carballiño para repasar a actualidade municipal e politica no concello carballiñés

Contestando á pregunta dun oínte, o rexedor carballiñés asegurou que o pacto de goberno co Partido Popular vaise cumprir, Fumega atendeu as peticións da audiencia desta emisora de radio e tivo tempo para referirse aos tres grandes proxectos que "van sentar as bases do Carballiño do futuro", que son a ampliación do parque empresarial, a construcción do novo Centro Integral de Saúde e o novo contrato para a xestión do ciclo da auga no municipio.

Escóitao no PODCAST de COPE O Carballiño: