Fumega fai un chamamento á responsabilidade da veciñanza nestas datas e avanza que haberá duras sancións aos que non cumpran. Varios locais de hostalería teñen expedientes sancionadores abertos.
O alcalde do Carballliño manifestou "comprender e compartir" varios comentarios de ointes de COPE O Carballiño que expresaban a súa preocupación polo incumprimento das nornas de prevención para evitar a propagación do coronavirus, e máis concretamente, co incumprimento das normas en algunhos locais da hostelería carballiñesa.
Fumega manifestou ver "comportamentos que non son normais e non axudan, non pode ser que unha parte do Caballiño cumpra e outra viva alegremente" e mesmo engadíu que son xa varios os locais "que están están en fase de peche, con propostas de sancións duras, ten que quedar claro que as normas son para todo o mundo, o que a faga vaina pagar", asegurou o alcalde, dando conta que por parte de Policia Local, Garda Civil e Policia Autonómica, son varios os expedientes sancionadores que tramitaron. Recordou que o concello do Carballiño adheríuse ao convenio da Xunta de Galicia para a tramitación e resolución das propostas de sanción por incumprimento nas normas do estado de alarma "e imoslle dar duro, duro, duro", dixo, "porque ou todos cumprimos ou como haxa dous que non o fagan, estragan o traballo que fai a maioria".
Tamén tivo o alcalde do Carballiño palabras de agradecemento "para a maioría do pobo, que si cumpre, e grazas eso temos estas boas cifras de contaxios, O Carballiño sigue sendo modelo, por eso non podemos permitir que unhos poucos desfagan o sacrificio da maioría", remarcou. Fumega aproveitou a súa intervención radiofónica para facer un chamento público a toda a veciñanza carballiñesa para celebrar a noitevella "con moito sentidiño" e "non ter que lamentarnos despóis".