Fumega non descarta "un paso ó lado" se fose necesario para propiciar un goberno de coalición. Escoita aquí a súa intervención en COPE O Carballiño.
Francisco Fumega non descarta un goberno de coalición no que os socialistas están dispostos a participar "e no que non ten porque necesariamente ser Fumega o alcade", afirmou.
O alcalde en funcións e candidato á alcaldía do Carballiño considera que a situación política no concello carballiñés é moi complexa, admite que o resultado electoral foi "un castigo" ao goberno municipal e que a cidadanía carballiñesa ordenou un achegamento entre as forzas políticas.
Fumega agarda chegar cos deberes feitos a esa sesión de investidura do próximo dia 17 porque son trascedentais para o futuro do Carballiño os proxectos que se iniciaron neste mandato e terán que rematarse no próximo. Podes escoitar no audio adxunto a entrevista completa ao alcalde en funcións e candidato á alcaldía carballiñesa.