Fumega non quixo negociar e o Partido Popular renunciou a ter a alcaldía, conclusións de Adolfo Nogueira "somos os únicos que apostamos por un cámbio", defende.
O concelleiro e probablemente portavoz de Espazo Común na nova corporación municipal do Carballiño, Adolfo Nogueira, culpou tanto a PSOE como a Partido Popular de impedir unha posible alianza que, no primeiro dos casos ofrecése estabilidade ao goberno do concello, e no segundo caso propiciase un cámbio máis radical na xestión do concello.
Nogueira asegura que desde Espazo Común intentarono ata ultima hora ofrecendo un mandato de cogoberno no que Partido Popular tería a alcaldia dous anos e Espazo Común os outros dous. E desde o respecto polas decisións adoptadas tanto por socialistas como por populares, o número 2 de Pachi Vázquez insta a unhos e a outros a que expliquen por qué rexeitaron eses acordos con Espazo Común.
Podes escoitar as manifestacións de Adolfo Nogueira no PODCAST de COPE O Carballiño deste lúns 19 de xuño, que encontrarás na sección "Programa" nesta mesma WEB.