Fumega optará a un segundo mandato: "necesito tempo para facer O Carballiño que quero"
Asi o anunciou no transcurso dunha intervención nesta emisora de radio. A apenas ano e medio por diante para a convocatoria das eleccións municipais de 2019, o alcalde Francisco Fumega teno claro: opotará a un segundo mandato no concello do Carballiño.
"A obra hai que acabala, a política é para estar pouco tempo, e eu entendo que non me chegou aínda o tempo para facer o que quero, unha vila sostible. unha vila peonil, industrial, unha vila que lidere a comarca", subliñou Fumega nun momento da entrevista en COPE O Carballiño.
O rexedor considera que un ciclo de oito anos na alcaldia é o ideal "teñoo claro, tampouco creo que haxa que botar máis de oito anos" e insistíu en que polo menos son dous mandatos os que necesita un alcalde para poder desenvoler o seu proxecto municipal.
Francisco Fumega, que xunto á concelleira de servizos sociais Marina Ortega veñen de ser elexidos como membros da nova Executiva Galega do PSdeG-PSOE, tamén deixou para posibles interesados esta mensaxe "non vou máis alá do Carballiño, os meus intereses están no Carballiño".
Tecnoloxía LED para a rúa Julio Rodríguez Soto
O alcalde aproveitou a súa intervención radiofónica en COPE para anunciar a mellora da iluminación pública na rúa Julio Rodríguez Soto para as próximas semanas.
O servizo eléctrico municipal será o encargado de executar este proxecto de mellora coa tecnoloxía LED, cun orzamento de 17.000 euros, aportados con fondos do propio concello.
Fumega agarda, ademáis, que antes de final de ano se confirme o proxecto europeo que foi promovido dende o concello carballiñés para a modernización da iluminación pública na totalidade das rúas do Carballiño, asi como nas parroquias de Veiga e Mesego e o barrio da Uceira, proxecto para o que se agarda unha achega económica de 400.000 euros.
Este sistema de mellora lumínica e aforro enerxético, xa se acometeu nas rúas Martinez Avellanosa, Conde Vallellano e Ourense.