Fumega promete un 2021 con catro millóns de euros en obras no concello do Carballiño, tanto na zona urbana como no rural "investirémos 140.000 euros en cada parroquia"
O alcalde do Carballliño avanza un 2021 que será o máis inversor dos últimos anos "van investirse case catro millóns de euros en obras, imos darlle unha volta tanto o rural como a vila, O Carballiño non o vai coñecer nin quen o inventou", remarcou , no transcurso dunha intervención en COPE O Carballiño. Aclarou, ademáis, que serán sufragadas con fondos municipais "se ben é certo que solicitarémos axudas á Xunta para completar a financiación, pero en todo caso están aseguradas igualmente", dixo.
Fumega tamén avanzou que as inversións repartiránse a partes iguais entre a zona urbana e o rural "investirémos 140.000 euros en cada unha das parroquias" e entre as actuacións que se levarán a cabo no ámbito urbano citou a obra de reforma integral da rúa Ourense "que sobrepasa o medio millón de euros, e incluirá redes de saneamento e abastecemento, beirarrúas, iluminación, rotonda e pavimentación, será unha das obras que se executarán o ano que ven", asegurou.
Investigacións xudiciais
O rexedor municipal manifestou que non está seguindo o xuizo que se está celebrando estes dias aos exalcaldes Pachi Vazquez e Carlos Montes, xulgados por presunta prevaricación continuada na contratación de traballadores municipais no concello do Carballiño entre 1999 e 2011, Fumega confesou que "estiven máis centrado na acusación que me fixeron a min por non derrubar un ático nun edificio da rúa Principal, o que fixen foi e será cumplir a legalidade urbanística, pasaréi á historia por ser o alcalde que derrubou un ático que leva 20 anos en situación irregular", subliñou.
Reapertura de parques infantís
Fumega anunciou nesta intervención radiofónica en COPE O Carballiño a reapertura dos parques infantís "de inmediato, estamos evaluando a apertura dos parques da Veracruz, Catro Camiños e o da Alameda, aínda que precintarémos o tobogán porque non temos medios para poder desinfectar". O alcalde eloxiou a lección dos cativos carballiñeses durante a pandemia "están tendo un comportamento exemplar, vou escribirlle aos Reis Magos para pedirlle algo especial para eles", destacou.