A Fundación Celta de Vigo e o Concello do Carballiño organizan un campus de verán, do 13 ó 18 de xullo

18, Xuño 2009


Gudelj e Fran Noguerol, con Lolo Carril

A Fundación Real Club Celta de Vigo, en colaboración co Concello do Carballiño, organiza un campus deportivo de verán no que técnicos profesionais e figuras do celtismo ensinarán ós rapaces entre os catro e os quince ano os valores deportivos e a práctica do fútbol. Terá lugar entre os dias 13 e 18 de xullo e terá como escenario o novo campo de fútbol de herba artificial da Uceira. A matricula terá un coste de 200 euros e poderá formalizarse na área de deportes do Concello Carballiñés. No acto de presentación, a directora da Fundación Celta de Vigo, Carmela Cuevas, dixo que con esta actividade no Carballiño cumpliase co compromiso de trasladar este tipo de inicativas por toda a xeografia galega, e neste caso a unha comarca con gran sentimento celtista como é a do Carballiño. Neste mesmo acto, animaron ós rapaces a participar neste campus de verán o ex-xogador Gudelj e Fran Noguerol, xogador en activo da actúal plantilla do Celta, natural da vila de Cea, e os que agradeceu a súa presencia o concelleiro de deportes Manolo Dacal.