A Galescola no Carballiño, a partir de setembro
A maioria dos cativos, atá os tres anos de idade, pertencen a familias residentes no concello do Carballiño, aínda que tamén se rexistraron solicitudes doutros concellos da comarca, como de San Amaro, Boborás ou San Cristovo de Cea. Inicialmente poderán atenderse todas as solicitudes presentadas, de maneira que a partir do 26 de xuño e atá o 10 de xullo terá lugar o prazo de matrícula, e as listas provisionais publicaránse o dia 28. Ainda que a apertura oficial está prevista para o mes de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar, o Concello do Carballiño solicitará que se adiante o inicio deste servizo de gardería ó vindeiro mes de agosto, alomenos esta é a idea da concelleira de servizos sociais Asunción Rivero. Tamén se deu a coñecer a cuota que deberán pagar as familias dos cativos, que será de 33 euros ó mes. Un convenio asinado entre o Concello do Carballiño e o Consorcio Galego da Igualdade e o Benestar permitíu a adhesión deste servizo á rede de galescolas. Tamén foi o Consorcio quen asumíu as obras de adaptación das instalaciós desta galescola, nas dependencias do colexio público Calvo Sotelo do Carballiño.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións en rolda de prensa de Asunción Rivero