Gañan habitantes O Carballiño (+62) Punxín (+15) Piñor (+7) Maside (+5) Perden poboación Boborás (-62) Cea (-48) O Irixo (-46) San Amaro (-37) Beariz (-1) Avión (-59) Leiro (-43)
A última actualización anual do Padrón Municipal de Habitantes deixanos unha nova caída no número de habitantes no conxunto da comarca carballiñesa, a pesar de que catro concellos logran aumentar a súa poboación. Éste é o caso da capitalidade comarcal, O Carballiño, que suma 62 habitantes máis no padrón de 2020, ata alcanzar os 14.089 habitantes, asi e todo aínda por debaixo do seu teito poboaciónal que obtivo no padrón de 2013, ao rexistrar ese ano os 14.355 habitantes.
A sorpresa positiva deste último padrón anual na comarca é a que nos proporciona o concello de Punxín, que por vez primeira despóis de 20 anos consigue revertir a súa sangría demográfica cun incremento de 15 habitantes, pasando dos 693 do padrón anterior aos 709 habitantes que suma no actúal. Ademáis, outros dous concellos consiguen aumentar a súa poboación por segundo ano consecutivo en ambos casos, Maside, que chega aos 2.709 habitantes, 4 máis no último ano e cun incremento de 58 habitantes na suma dos dous últimos anos, igual que Piñor que suma agora 7 novos habitantes e 43 máis que fai dous anos, polo que a súa poboación chega aos 1.183 habitantes.
Os outros cinco concellos da comarca perden poboación, o que máis Boborás (-62) e quédase con 2.223 habitantes, seguido de San Cristovo de Cea que retrocede en 48 habitantes e sitúase con 2.089. Tamén rexistra un novo retroceso O Irixo, ata os 1.420 habitantes, tras perder 46 no último padrón. San Amaro baixa ata os 1.052 habitantes, tras perder 36 no último ano. Finalmente, Beariz, perde 1 habitante e fixa a súa nova cifra oficial de habitantes en 970. No cómputo dos nove concellos da Comarca do Carballiño o resultado é negativo, cunha pérdida de 106 habitantes, eso si, é a menor caída de poboación dos últimos anos.
Avión e Leiro
Ambos concellos non son alleos á sangria demográfica que ano tras ano sufre a comarca do Ribeiro. Avión perde no último Padron 59 habitantes, e quédase con 1.736 tras esta última actualización do INE. Pola súa parte, Leiro baixa ata os 1.525 habitantes, tras perder 43 durante o último ano.