A Garda Civil advirte da obrigatoriedade de permanecer no domicilio habitual nos próximos festivos, non está permitido o desprazamento ás segundas vivendas

18, Marzo 2020

A Garda Civil, e o resto das forzas de seguridade, lembran á cidadanía a obrigación de cumprir o establecido no Real Decreto 463/2020, modificado polo RD 465/2020, polo que se declara o Estado de Alarma para a xestión da crise sanitaria.

En Galicia, este xoves día 19 de marzo é festivo. As forzas de seguridade lembran aos cidadáns a responsabilidade que ten coa sociedade para formar parte nesta loita contra o COVID-19 e a obrigación de permanecer nos seus domicilios.

Non vaias á túa segunda residencia

De acordo ás medidas recollidas no Real Decreto, durante a vixencia do estado de alarma as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización dunha serie de actividades moi concretas, entre as que non se atopan os traslados a unha segunda residencia. Por tanto, lémbrase a obrigatoriedade de permanecer na residencia habitual.

As Forzas e Corpos de Seguridade velarán na rúa para que este tipo de desprazamentos non leven a cabo.