A Garda Civil culmina a operación "Veracruz-Miradoiro" con 5 detidos, acusados de 40 roubos en vivendas habitadas. O Xulgado nº2 do Carballiño decreta o ingreso en prisión de 4 deles.
A Unidade Orgánica de Policai Xudicial da Garda Civil, nunha operación conxunta coa Unidade de Pontevedra e no marco da operación "Veracruz-Miradoiro" ven de culminar coa desarticulación dun grupo delictivo dedicado a cometer roubos con forza en vivendas do Carballiño, Vigo, Lalín e Porrriño.
A operación de investigación tivo como resultado o esclarecemento de ata un total de 40 roubos con forza en vivendas habitadas das citadas localidades, a investigación púxose en marcha a mediados do mes de Abril e culminaba esta pasada fin de semana coa detención de 5 persoas, 2 veciños de Madrid e 3 de Ourense capital, aos que se lles imputa roubos con forza, e tamén delitos de tráfico de drogas e blanqueo de capitais.
No marco da operación, realizáronse 2 rexistros domiciliarios no Carballiño, onde se incautaron diversos obxetos roubados relacionados cos roubos, asimesmo intervíronse 3 vehículos que eran utilizados para os desprazamentos para cometer os roubos.
Os detidos pasaron xa nas últimas horas a disposición xudical, no Xulgado de Insrucción nº 2 do Carballiño, que decreou o ingreso en prisión de catro deles. A operación continúa aberta.