A Garda Civil detén a cinco persoas, unha delas veciña do Carballiño, ás que investiga por 5 roubos en Cambeo, Cea e Piñor.
A Garda Civil investiga a estas persoas detidas nas últimas horas, entre elas un veciño do Carballiño de 21 anos, por diversos roubos rexistrados nos últimos meses, 3 deles nun bar de Cambeo, un nun estanco do concello de San Cristovo de Cea e outro na farmacia do concello de Piñor, todos eles son roubos con forza.
Ademáis do carballiñés detido por estes roubos, tamén o foron outras catro persoas, veciñas de San Cibrao das Viñas, Ramirás e Lugo. Leva o caso o Xulgado de Intrucción nº 2 de Ourense.