A Garda Civil detén ós presuntos autores do roubo de xoias en Partovia, intervidas en 2 xoierías de Ourense
As investigacións levadas a cabo pola Garda Civil tras o último roubo de xoias do pasado dia 8 nunha vivenda da localidade carballiñesa do Penedo, na parroquia de Partovia, concluiron coa detención de dous veciños do Carballiño e unha terceira persoa, unha muller con domicilio en Ourense, e como presuntos autores dun delito de roubo. A Garda Civil procedeu no transcruso da xornada de onte a detención de A.V.R. de 20 anos, e A.F.M., de 19 anos, ambos veciños do Carballiño e A.B.R, de 21 anos, de nacionalidade portuguesa e veciña de Ourense, como presuntos autores do roubo na vivenda de C.A.V., onde se apoderaran de xoias por valor de 7.000 euros. As xoias foron intervidas pola Garda Civil en dúas xoierías da cidade de Ourense, onde foran vendidas. Os tres detidos pasaron hoxe a disposición xudicial no Xulgado de Instrucción nº 1 do Carballiño, tras tomarlle declaración, o Xuiz decretou libertade con cargo para os tres detidos.