A Garda Civil recupera os efectos roubados esta semana na Igrexa parroquial de Arcos e prende aos presuntos autores deste e outros roubos
A Garda Civil levou presos a tres veciños do Carballiño, de 43, 30 e 34 anos de idade respectivamente, como presuntos autores de varios roubos rexistrados na Comarca do Carballiño no transcurso dos últimos meses.
Concretamente, a Garda Civil impútalles dous roubos en interior de vehículos e sete roubos en vivendas, dos que se recuperaon varios efectos que foran sustraídos.
Ademáis, tamén se lle atribúe o roubo cometido na noite deste pasado dia 23 de Marzo na igrexa parroquial de Arcos, neste caso a Garda Civil recuperou a totalidade dos efectos roubados.