A Garda Civil rexistra unha vivenda no Carballiño e detén a varias persoas nunha operacion pola explotación sexual de mulleres
A operación da Garda Civil, con numerosos axentes cubertos con pasamontañas e cans do servizo cinolóxico do instituto armado, rexistraron unha vivenda na rúa Florentino Cuevillas do Carballiño, un amplo despliegue de medios policiais que no transcurso da mañá tamén foi visible nos arredores dun club de alterne ubicado no concello de Maside.
O dispositivo, dirixido polo Xulgado de Primeira Instancia e Intrucción nº 1 do Carballiño, mantén o segredo de sumario, e estaría relacionado contra a trata de mulleres e a súa explotación con finalidade sexual.
Todos os detidos atópanse baixo custodia policial e a espera de pasar a disposicion xudicial. Non se descartan máis detencións nas próximas horas, tanto na comarca do Carballiño como en clubs de alterne das provincias de Ourense e Pontevedra, nos que tamén se levaron a cabo varios rexistros por parte da Garda Civil no transcurso das últimas horas.