A Garda Civil sorprende de madrugada a unhas 50 persoas nunha festa ilegal, e consigue identificar a 18 delas, ás que denuncia por incumprir a normativa sanitaria.
Unha patrulla da Garda Civil de Beariz sorprendeu de madrugada, sobrea as 3:30 da madrugada, a unhas 50 persoas que participaban nunha festa ilegal nunha casa en obras en Beariz "equipada cun potente equipo de música e luces", según a información falicitada pola mesma Garda Civil.
Unha boa parte dos asistentes conseguiron fuxir cando advertiron a presenza policial, aínda asi a Garda Civil logrou identificar posteriormente a un total de 18 persoas, todas elas veciñas de Beariz, contra as que formulou denuncia por infracción da Lei de Saúde de Galicia, por incumprimento das normas para a contención da pandemia da Covid.
Ademáis, tamén tomou declaración en calidade de investigado por un delito de danos a F.A.V.V., de 24 anos e veciño do concello de Avión, como presunto autor dun delito de danos en varios vehículos que estaban estacionados nas próximidades, cando trataba de burlar a presenza dos axentes da Garda Civil.