A Garda Real ofrece unha exhibición no Carballiño, dentro dos actos conmemorativos do 500 anos de historia
A Guardia Real realizará este xoves, 18 de maio, ás 6 da tarde, unha exhibición con pasarrúas de movementos floreados pola rúa Curros Enríquez, e a sección de motos Harley Davidson na Praza do Emigrante.
A Guardia Real, que durante estes días estará aloxada na Residencia do Tempo Libre do Carballiño, efectúa diversas actividades na provincia con motivo de cumprir 500 anos de historia.