A Gastronomia do entroido, protagonista da Ruta das Tapas no mes de Febreiro
A gastronomía do tempo de entroido será a protagonista da Rutas das Tapas que terá lugar este venres e o seguinte nos 16 locais hostaleiros adheridos a esta iniciativa.
O evento foi presentado este mediodía no Bar Estate Quieto coa asistencia do concelleiro de Turismo, Manuel Dacal; a xerente do Centro Comercial Aberto, Noelia Mares; a relación públicas da adega Pazo Tizón, Sara Pérez, e os representantes dos bares, mesóns e restaurantes que ofrecerán estes pinchos ao prezo de 1,50 euros.
Na presentación tamén se fixo fincapé no concurso de disfraces de peñas que celebrará o luns de entroido o sector hostaleiro co nome de “A Ruta dos Mil”.
Dacal agradeceu una vez máis a implicación do sector, do CCA e de Pazo Tizón, e animou aos carballiñeses e visitantes a degustar os pinchos nestes locais a partir das 8 da tarde deste venres, 2 de febreiro.
Noelia Mares e Sara Pérez tamén coincidiron neste desexo e amosaron os seus parabéns ao sector hostaleiro, sobre todo pola creatividade na elaboración das tapas.
Todos os ingredientes propios do cocido de entroido forman parte desta elaboración, con presentacións moi variadas e creativas, e cuxa mostra exhibiuse durante a presentación.
Na App da Ruta das Tapas poderanse visualizar a totalidade das tapas presentadas por cada un dos locais con obxecto de que os clientes poidan poidan estar informados da oferta da ruta.